En filoxenética, o grupo coroa dun conxunto de especies consiste nos representantes vivos do conxunto xunto cos seus antepasados ata o seu antepasado común máis recente e tamén os descendentes do antepasado. Forma así un clado, un grupo que consiste nunha especie e todos os seus descendentes.
O concepto foi desenvolvido por Willi Hennig, o formulador da filoxenia sistemática, como un modo de clasificar os organismos vivos en relación cos seus parentes extintos na súa obra "Die Stammesgeschichte der Insekten",[1]
e a terminoloxía grupo "coroa" e "tronco" foi acuñada por R. P. S. Jefferies en 1979.[2] Aínda que formulado na década de 1970, o termo non se utilizou comunmente ata a súa reintrodución en 2000 por Graham Budd e Sören Jensen.[3]
↑Hennig, W. (1969). Die Stammesgeschichte der Insekten. Waldemar Kramer, Frankfurt am Main.
↑Jefferies, R.P.S. (1979). "The Origin of Chordates — A Methodological Essay". En M. R. House. The Origin of Major Invertebrate Groups. London ; New York: Academic Press for The Systematics Association. pp. 443–447. ISBN0123574501.